miércoles, 12 de diciembre de 2007

Investigación sobre as tics no centro.

Hola a todos!!!!!!!!!!

Pois despois de moito investigar, no colexo sobre as novas tecnoloxías,
xa teño información.
Os nenos de Educación Infantil, por desgracia non teñen ningunha hora de informática e tampouco teña ningunha clase na que vaian visitar a sala de ordenadores.

O único que ven, é un ordenador na súa aula de Educación Infantil, excepto os de 4 anos que ainda o teñen metido na caixa.

Teño a gran sorte de estar nas 3 aulas e podo contar, o que ocorre en cada unha delas respecto das novas tecnoloxías.

Por exemplo:

  • En ningunha das clases se usa o ordenador.

  • Respecto ao radio cd, usáno en asignaturas, como relixión ou inglés. E bueno como estamos en tempo de nadal mentres que están debuxando ou facendo traballos plásticos a mestra pónlles panxoliñas.

  • Na aula de 4 anos os nenos traballaron cun retroproxector para facer un mural na parede.

  • En relación ao vídeo ou dvd, a semana pasada as mestras puxeron unha película no salón de actos para todos os alumnos do centro.

Con respecto ao resto de alumnos do centro, só van a sala de ordenadores cando é necesario. Para facer algún traballo, ou inclusive se falta algún profesor, levamos para alí porque é o sitio que máis cerca está da sala de profesores.

Pero o centro respecto as tics, ten un plan de dinamización, eu tiven a gran sorte de lelo e entrevistarei a algún profesor e subirei información nova sobre as tics no centro no que estou facendo as prácticas.

Un saúdo.

No hay comentarios: